jueves, 23 de mayo de 2013

EXCURSÍÓN 2013

UNHA  VIAXE  AO  PASADO: IDADE  DO  BRONCE no  Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de
CAMPO  LAMEIRO-PONTEVEDRA.
Coñecemos  a natureza.
Aprendemos que son  os petróglifos, gravados nas rochas,  feitos na Idade do Bronce, fai 4.000 anos.
Coñecemos como  vivían os homes e mulleres da Idade do bronce.
Fixemos  obradoiros: Os rapaces moeron trigo nun muíño prehistórico de granito,amasaron   un
pequeno bolo de pan,unhas pequenas tostas que se coceron á pedra e que os nenos  merendaron untadas cunha deliciosa crema.
 Visitaron o sector  da exposición estable, onde lles mostraron unha cabana prehistórica á que non lle faltaba

detalle,recoñeceron os elementos da natureza presentes na vida cotiá de fai 4.000 anos.Viron un vídeo donde cazaban,loitaban...
Comeron as viandas preparadas pola sua familia nunhas mesas debaixo dos piñeiros.
Xogaron e xogaron no labirinto,axudaron as mestras que se perderon dentro, a sair.
Escoitamos os grilos,vimos formigas,escarabellos...picamolo cu cos toxos........

Os nenos e nenas disfrutaron dunha experiencia divertida e emocionante, nun día "de primavera".


Tamén estaban os alumnos de 3º ESO que corrían e corrían:
Á procura da mensaxe perdida
Os  participantes tiñan que superar por equipos(unha mensaxe segreda agochada entre os petróglifos, unha  proba de seguir as pistas (nun mapa)amosando todo o seu enseño, para atopar os obxetos escondidos, dentro do escenario que ofrece o Parque Arqueóloxico e así coñeceron todolos petróglifos e os seus nomes.

Cazadores de cervos
Os rapaces comprobaron a eficacia das técnicas de caza prehistóricas lanzando xavelinas e arcos  a animais representados en dianas.
                                                       ENTORNO DO  PARQUE
                                                                  POBOADO
                                                                        CABANA
                                                        CABANA  POR  DENTRO
                                                         PETRÓGLIFO


   
                                                                       MUIÑOS
      Imáxes http://www.paar.es/web/Arte rupestre Campo Lameiro
      MIRADE  COMO O PASARON.......continuará                  
Click to play this Smilebox slideshow

2 comentarios:

  1. Que preciosidade de sitio! Se o ano que ven me animo a facer un proxecto sobre a prehistoria xa sei a onde levalos. Seguro que o pasáchedes moi ben. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben,bennn!Non lembrei que tamén había nenos de EI de SANTIAGO
    que comeron no restaurante do recinto, así que vos esperamos.Un bico

    ResponderEliminar